Read Vento e chuvia by Manuel Gago Mariño Manel Cráneo Online

vento-e-chuvia

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeraciNun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia. Manuel Gago imaxina os soños, as lendas e os mitos da Idade do Ferro, como un reporteiro de viaxes que leva a súa gravadora ao interior destas cabanas castrexas. Un minucioso traballo de documentación histórica foi o paso previo para deixar voar a imaxinación e entrar nun universo cultural mítico, onde o vento e a chuvia nos traen versos, memorias e a recuperación de centos de nomes de persoas, cidades e seres míticos da Galicia previa á invasión romana, ata agora descoñecidos polo gran público. As ilustracións de Manel Cráneo recrean este mundo con formas e cores poderosas que nos fan viaxar no tempo....

Title : Vento e chuvia
Author :
Rating :
ISBN : 9788499145754
Format Type : Paperback
Number of Pages : 152 Pages
Status : Available For Download
Last checked : 21 Minutes ago!

Vento e chuvia Reviews

  • Bodegas
    2018-12-23 16:57

    Un dos libros máis orixinais que pasaron polas miñas mans.Manuel Gago recolle toda a toponimia, homonimia e demáis palabras de orixe celta (galaica ou como se lle queira chamar á poboación que vivía na Gallaecia romana da Idade do Ferro) e constrúe un complexo universo mitolóxico.Non hai rexistros escritos de como eran os cultos relixiosos deses pobos e o pouco que queda redúcese a nomes que non poden explicar, por si mesmos, a personalidade de cada unha das divinidades.Manuel Gago colle todos eses deuses, crea unha historia e unha xenealoxía intrincada, ao máis puro estilo grego, e conta en forma de relato mitolóxico a relación entre os diferentes deuses, a súa relación cos homes, co mundo dos vivos e co mundo dos mortos. Para que os relatos estean á altura, Gago empregra un galego sofisticado e poético que permite evocar estas situacións.O libro está dividido en tres partes. Unha primeira parte formada por dez relatos, cada un dedicado a un deus ou deusa diferente. Unha segunda parte onde Gago mostra unha visión global do que se coñece actualmente da cultura castrexa. E unha parte final, en forma de paper académico, escrito por Marco García Quintela, catedrático da Universidade de Santiago, onde explica de forma minuciosa o que se coñece da relixión dos pobos celtas espallados por toda Europa.Para quen lle guste a mitoloxía, este é o seu libro do verán :D

  • Wika
    2018-12-28 17:43

    Custoume arrancar. O inicio daba a sensación dunha creación caótica e ao mesmo tempo pomposa, pero adentrarse e achegarse ás seguintes historias foi cada vez máis entretido. Non vos limitedes só aos mitos, lede tamén as "addenda" finais, as posteriores explicacións lingüístico-históricas foron unha delicia.

  • Xan
    2019-01-04 15:48

    Pecho o libro coa sensación de non ter entendido nada, de estar perdido no medio das fragas primixenias. E ainda así, tan desnortado, sigue sendo un libro marabilloso para achegarse a un tempo que queda tan lonxe no tempo e tan perto nos sentidos.